Compostela vístese de rock na Ascensión

rosendo

O Multiusos Fontes do Sar de Compostela acollerá os vindeiros 22 e 23 de maio o festival ‘Rock na Ascensión’. Na presentación deste certame, o concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, subliñou que este ano darase »un salto importante respecto a edicións anteriores, que tiñan un carácter máis local», primeiro paso para que en 2009 o festival teña xa un carácter »internacional», con vistas ao Xacobeo, consolidando a capital galega como »referente musical a nivel de toda España».

Asimesmo, Baqueiro asegurou que o cartel acollía »grupos memorables» e de »recoñecido nome». En total, serán 12 grupos, dous deles locais, concretamente Thinking twice e The Codename, que exercerán de teloneiros e que foron os gañadores en 2008 e 2009 do certame Música Xove, na sección de Heavy Metal.

Pola súa banda, Carlos Regueiro, membro da productora que organiza ‘Rock na Ascensión’, foi un paso máis alá e atreveuse a asegurar que se trata do »cartel nacional de rock máis completo feito en Galicia». Para conseguir esta nómina de grupos, que inclúe bandas como Rosendo, Def con Dos, Mago de Oz ou Barón Rojo, »non só nos centramos nas bandas máis consolidadas, senón tamén en grupos con novo disco», matizou. No caso de Def con Dos, encargados de pechar o certame, será a única oportunidade de velos en Galicia este ano.

Unha guitarra de Rosendo
Pero non só de música vive ‘Rock na Ascensión’, xa que, tal e como asegurou Regueiro, haberá múltiples sorpresas, como sorteos de material de merchandasing cedido polas bandas, ou incluso unha guitarra electrónica asinada por Rosendo.

Regueiro tamén destacou a gran aceptación entre o público, non só entre a xente máis nova, senón tamén entre venteráns. Así, puntualizou que »por moita crise, a xente ten ganas de festa, de música», co que ‘Rock na Acensión’ responde a »unha demanda importante». As entradas xa se poden adquirir dende onte na páxina web de Caixa Galicia e en diferentes puntos de venta nas sete cidades galegas. En Compostela, por exemplo, poden mercarse en A Reixa e Discos Gong.

Cartel
A banda sevillana Reincidentes naceu a fianis dos 80. As súas letras tratan temas espiñentos da sociedade actual como o dereito ao aborto ou o conflico entre palestinos e israelís. En 2008, sacaron o seu decimo quinto disco ‘América: canciones de ida y vuelta’. O grupo madrileño Hamlet está en activo dende 1987 e foi un dos impulsores da música rock-metal en castelán. Neste ano, sacaron o seu noveno disco de estudo, ‘La puta y el diablo’.

Barón Rojo, aparecida a finais dos 80, é unha das bandas máis antigas do panorama español. O seu primeiro álbum, ‘Larga Vida al Rock’n Roll’ conseguiu xa o Disco de Ouro. Teñen tocado en diferentes puntos de todo o planeta, como Europa, Estados Unidos ou Sudamérica.

Compositor, cantante e guitarrista, Rosendo é un dos máximos representantes do rock en español. Antes de estrear a súa carreira en solitario formou parte de grupos como Ñu ou Leño. En 2006 acadou a Medalla de Oro en las Bellas Artes e un ano despois sacou o seu último disco en estudo até o de agora, ‘El endémico embustero y el incauto pertinaz’.

Rock e máis
Mago de Oz é un grupo de folk metal que naceu en 1989 en Vallecas. O seu coñecido tema ‘Fiesta pagana’ abriulle as portas do gran público. O seu último disco de estudio, ‘La ciudad de los árboles’, data do pasado 2007. Boikot é unha banda de punk rock nacida en Madrid en 1987. Def con Dos apareceu a finais dos 80 entre Vigo e Madrid, cun estilo que mestura rap e rock. A banda separouse temporalmente no 1999. Tras anos de silencio, volverán en 2004 con ‘Recargando’. Veñen de sacar recentemente ‘Hipotécate tu’.

Pülsar naceu na Coruña no ano 2001, cune stilo baseado na nova onda do metal-core americano. Warcry é unha banda de metal emlódico fundada en Asturias. Conta conseis álbumes de estudio e un en vivo.

Fuente: Galiciae.

Te puede interesar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *